Preinscripción cursos conducción segura motocicletas

PRAZO DE PREINSCRICIÓN PECHADO POR ESGOTARSE AS PRAZAS DESTA PRIMEIRA CONVOCATORIA

REQUISITOS PARA APUNTARSE:

Ser maior de 18 anos
Dispoñer do permiso A1, A2, A ou o da clase B con máis de 3 anos de antigüidade
Traer moto en bo estado con seguro e ITV en vigor, así como casco homologado, luvas, botas e roupa de protección.

Este formulario é unha preinscrición. En caso de estar admitido, comunicaráselle debidamente ao seu mail ou teléfono. Moitas grazas.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:

Poderán solicitarse ata catro opcións de asistencia aos cursos, aínda que unicamente outorgarase un curso por alumno. Só no caso de que 5 días antes da celebración dalgún dos cursos siga habendo prazas vacantes, poderá repetir a formación algún dos alumnos que xa o realizara.

O criterio de outorgamento de prazas será por orde de entrada e, cos solicitantes que non obteñan ningunha praza, farase unha lista de reserva para cada curso de ata 10 persoas.

A non asistencia a un curso por parte dun alumno rexistrado sen realizar un preaviso con 72 horas de antelación, penalizará para non poder realizar ningún outro curso deste programa. Se a persoa rexistrada realiza o preaviso, poderá solicitar praza noutras convocatorias ou asignarse praza en cursos da mesma convocatoria que sigan con dispoñibilidade nese momento.

Cláusulas Informativas e de Responsabilidade:

  1. O alumno declara ser certos os datos cumprimentados no cuestionario anterior, sendo responsable da súa veracidade.
  2. O alumno é totalmente libre de negarse á realización de toda actividade ou exercicio que considere oportuno, ben por considerar que conleva algún tipo de risco dañoso ou lesivo ou outros aspectos e apreciacións de criterio propio.
  3. Durante os exercicios prácticos
         O alumno ten a obrigación de levar casco homologado, da súa talla e correctamente axustado e abrochado.
  4. O alumno ten a obrigación de vestir pezas de protección certificadas ou homologadas para motorista. Polo menos deberá vestir luvas, chaqueta con protección en ombreiros e cóbados, espaldeira, pantalón con proteccións en xeonllos e botas. O incumprimento destas condicións e as súas posibles consecuencias en caso de accidente será responsabilidade única e exclusiva do alumno, eximindo á organización de toda responsabilidade.
  5.  motocicleta que utilice o alumno para a realización do curso deberá estar en condicións legais de uso para circular pola vía pública, debendo contar con ITV e seguro obrigatorio en vigor e ao corrente de pago. O alumno deberá levar ao curso o recibo ou documento xustificante de pago da prima de seguro en vigor, cuxa copia se anexará á súa ficha de inscrición.
  6. Está terminantemente prohibido realizar o curso baixo os efectos do alcol ou calquera tipo de substancia estupefaciente. Tampouco se poderá realizar o curso se se está baixo tratamento médico ou tomando medicación que poida diminuír as condicións óptimas necesarias para a condución de vehículos de motor. O alumno ten a obrigación de informar á organización no caso de que se atope nalgún dos supostos descritos no parágrafo anterior.
  7. No caso de que se produza algún dos supostos anteriores e o alumno non o comunicase con carácter previo á realización do curso, o director poderá expulsar do curso ao alumno sen que este teña dereito a percibir compensación ou indemnización de ningún tipo.
  8. O director do curso poderá en calquera momento excluír do curso a aqueles alumnos que, ao seu criterio, non reúnan as condicións adecuadas para a realización do curso en condicións óptimas de seguridade.
  9. O alumno entende que a condución dunha motocicleta durante a realización dun curso de condución, no que se practican exercicios de habilidade e se poñen en práctica técnicas e disciplinas ás que pode non estar afeito, implica un risco intrínseco á actividade. En base a iso, o alumno exime de toda responsabilidade á organización polos danos que puidese sufrir xa sexan de tipo persoal ou material, así como dos danos que este poida ocasionar a terceiros, durante o desenvolvemento do curso de condución. A exención de responsabilidade esténdese tamén ás entidades colaboradores, patrocinadoras ou promotoras da actividade, así como aos monitores, voluntarios e persoal en xeral adscritos á organización ou ás entidades colaboradoras, promotoras ou patrocinadoras da actividade e á entidade titular da instalación onde se realiza o curso.

Protección de datos

ESCOLA GALEGA DE CONDUTORES SAN MARTIN SL CIF: B70046537 Enderezo Postal: RÚA RAMON CABANILLAS 18 BAIXO, 15670 – O Burgo (A Coruña) Teléfono: 881992825 Correo electrónico: sanmartin@sanmartin.gal

Finalidade do tratamento dos seus datos:

De acordo ao establecido na lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, Regulamento 2016/679 Xeral de Protección de Datos (RGPD) e a Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), indicámoslle que a finalidade do tratamento dos seus datos é levar unha correcta organización, xestión, tramitación, seguimento e control dos cursos para impartir, así como a xestión dos/as alumnos/as.

Lexitimación:

Artigo 6.1.a) do RXPD. O interesado deu o seu consentimento (ou, no seu caso, do seu representante legal,) para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.

Artigo 6.1.b) do RXPD. Tratamento necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento deste de medidas precontractuais. Artigo 6.1.c) do RXPD: o tratamento é necesario para o cumprimento dunha obrigación legal aplicable ao responsable do tratamento:

Real Decreto 1295/2003, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento regulador das escolas particulares de condutores.

Conservación e tratamento dos datos:

Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigacións legais e atender as posibles responsabilidades que puidesen derivar do cumprimento da finalidade para a que os datos foron solicitados.

Informámoslle que os seus datos poden ser cedidos dentro do grupo empresarial GRUPO SAN MARTÍN (pode consultar as empresas do grupo en: www.gruposanmartin.es/grupoempresarial) para fins administrativos internos, ao cal pertence ESCOLA GALEGA DE CONDUTORES SAN MARTIN SL Exceptuando o caso anteriormente mencionado, os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obrigación legal, nin se elaborará ningún tipo de “perfil” en base á información facilitada nin se tomarán decisións automatizadas en base a perfís.

Vostede ten dereito a opoñerse e/o retirar o/os consentimento/s ao tratamento dos datos indicado/s anteriormente, no seu caso, e en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada, mediante notificación ao responsable do tratamento na/s dirección/é anteriormente indicada/s.

Dereitos:

Poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o responsable do tratamento na dirección anteriormente mencionada ou a través do correo electrónico sanmartin@sanmartin.gal, anexando copia do seu DNI ou documento equivalente.

No caso de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, pode presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control en materia Protección de Datos competente, sendo esta a Axencia Española de Protección de Datos, e cuxos datos de contacto están accesibles en https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/reclamacion.jsf.